Nestes tempos nos que nos tocou vivir, vemos diariamente como os animais sempre son relegados a último lugar e esta falta de concienciación lévanos a ver día tras día auténticas barbaridades, dende o abandono, ata o peor dos maltratos, incluso chegando moitos veces ó asasinato masivo de animais. Dende SOS Animalia sabemos que é posible erradicar este tipo de condutas cara ós animais e acrecentar, o máximo posible, o amor, o respecto e a concienciación cara os nosos compañeiros.
Todos os que pertencemos a SOS Animalia amamos os animais e intentaremos facer todo o que estea nas nosas mans para axudalos.
Porque eles nos dan todo o que poden, nós comprometémonos a traballar por eles e polos seus dereitos.
Sós non podemos e precisamos formar unha gran comunidade de axuda, amor e apoio cara ós animais. Grazas á unión, poderemos ofrecerlles moitas máis cousas e axudalos dunha maneira moito máis activa.