leon

O pertencer á nosa asociación como soci@ reporta vantaxes moi interesantes. A máis importante é a satisfacción persoal de saber que fas o correcto polos animaise que colaboras activamente no seu benestar. Ademáis non so serás ti mesmo o que te sintas ben, todos os animais os que axudes agradecerancho, incluso físicamente os animais son capaces de agradecer enormemente o que se fai por eles e iso é unha sensación indescriptible.

Pero non só obterás satisfacción persoal, dende SOS Animalia estamos sempre abertos á realización de todo tipo de actividades, tanto de forma individual como colectiva con outros grupos, coñecerás xente, poderás participar en todo e pasaralo xenial aprendendo e apoiando os animais máis desfavorecidos.

Ademais, sempre temos aberta a porta a empresas, organizacións e demais institucións que desexen colaborar con nós, polo que poderás beneficiarte tamén de descontos importantes, facilidades e promocións para ti e a túa mascota.