A forma de financiación fundamental de SOS Animalia é a contribución económica realizada polos seus socios coas súas inscricións.
Coa túa contribución farás posible que poidamos seguir realizando a nosa labor de protección e defensa dos animais máis desfavorecidos.
Ademais da túa contribución económica, formarás parte do noso equipo e poderás axudar en todo o que queiras. Participarás nas reunións e nas actividades que realicemos, poderás aportar as túas propias ideas e levalas a cabo con todo o noso apoio. Para nós é un gran honor o recibir xente nova e participativa disposta a dedicar o seu tempo libre polo benestar dos animais.
Ademais, estarás informad@ de primeira man sobre as nosas actividades, recibirás semestralmente na túa conta de correo electrónica un boletín informativo onde serás informado de todo o relevante, actividades, futuras asembleas e os distintos movementos bancarios da Asociación.