isidoro

A asociación SOS Animalia non recibe ningún tipo de subvención ou axuda por parte do Estado ou calquera entidade pública, é por esta razón que calquera tipo de doazón, por moi pequena que sexa, é moi necesaria e ben recibida.

A nosa actividade cara ós animais conleva moitos gastos, esterilizacións, campañas, vacinas, intervencións veterinarias, alimentación, coidados, apoios a casas de acollida, transportes, accesorios para o manexo dos animais e a súa recollida, etc. Por desgraza, nada disto é gratis, todas as nosas actividades fanse posibles grazas a doazóns altruístas, sen elas, a axuda ós animais sería practicamente imposible, ou polo menos co rendemento que todos agardamos.

Se queres colaborar realizando unha contribución económica podes facelo na seguinte conta bancaria: ES17-2080-0317-7530-4001-5142 (Abanca)

Lembra que tamén podes realizar doazóns de calquera tipo de material para os animais, alimentos para cans e gatos, mantas, toallas, camas, colares, correas, xoguetes, comedeiros, bebedeiros, transportíns, desparasitadores, vendas, antibióticos, colirios, etc.

Se che gustaría doar altún tipo de material ou cres que podes ter material que nos sirva para os animais, non dubides en poñerte en contacto con nós no formulario de contacto, no e-mail contacto@sosanimalia.com ou no teléfono 688 977 699