Benvido á nosa web

SOS Animalia é unha asociación sen ánimo de lucro formada por un grupo de persoas ás que une fundamentalmente o amor polos animais.
Os nosos obxectivos principais son os de protexer, acoller e fomentar a adopción de animais de compañía, así como a tenencia responsable e o correcto coidado dos mesmos. Outros obxectivos son potenciar a esterilización para evitar a masificación de animais abandonados, fomentar todos aqueles actos que tendan a desenvolver nas persoas sentimentos de cariño e protección cara aos animais e velar por que se cumpran as leis vixentes sobre a protección dos mesmos.