juli_e_arancha

SOS Animalia somos un pequeno grupo de persoas. Carecemos de refuxio e non recibimos ningún tipos de subvención ou axuda por parte do Estado ou calquera entidade pública, de xeito que todas as actividades que realizamos son grazas á inestimable labor de voluntarios, colaboradores e socios.

A nosa labor principal é a de protexer e coidar dos animais máis desfavorecidos, recollendo animais abandonados, procurándolles un fogar, denunciando os seus maltratadores e facendo todo o posible para que os animais poidan levar a vida que nunca deberían ter perdido.

Aínda que sabemos que é moi difícil participar en todo o que nos gustaría, centrarémonos primeiramente na zona de Santiago de Compostela e arredores, intentando axudar ós animais máis próximos, aínda que non descartamos ningunha outra/s opción/s.

Así mesmo, como cremos que a “unión fai a forza” pretendemos colaborar con outras asociacións e “entidades” que teñan os mesmos obxectivos que nós, remando todos cara ó mesmo lado, xa que estamos convencidos que se conseguirá moito máis.